O Portal Educativo publicou o pasado 22 de decembro a Resolución da convocatoria de axudas para Clubs de Lectura en centros públicos de ensino secundario. Son xa 200 os centros galegos que contan este ano cun ou varios círculos de lectura, nos que participa de forma voluntaria alumnado e profesorado e, tamén, pais e nais e persoal non docente en varios casos. En conxunto, moven a máis de cinco mil persoas arredor dos libros e da cultura, ao longo do curso académico.24/12/10
Resolta a convocatoria de Clubs de Lectura 2010/2011
O Portal Educativo publicou o pasado 22 de decembro a Resolución da convocatoria de axudas para Clubs de Lectura en centros públicos de ensino secundario. Son xa 200 os centros galegos que contan este ano cun ou varios círculos de lectura, nos que participa de forma voluntaria alumnado e profesorado e, tamén, pais e nais e persoal non docente en varios casos. En conxunto, moven a máis de cinco mil persoas arredor dos libros e da cultura, ao longo do curso académico.23/12/10
Sumando esforzos a prol da lectura
Unha das vías de colaboración entre distintas bibliotecas (escolares e públicas) é a elaboración de materiais conxuntos destinados a promocionar os produtos culturais e fomentar a lectura nas comunidades educativas e nos concellos de referencia. Son varios os concellos nos que xa están sumando forzas os profesionais que traballan nestas bibliotecas, e como exemplo, velái van algúnhas guías de lecturas realizadas en colaboración para estas festas de Inverno:- Porto do Son (A Coruña): IES de Porto do Son, colexios de Campanario-Baroña, Portosín e Xuño, e Biblioteca Pública Municipal
- Rianxo (A Coruña): CEP Xosé Mª Brea Segade, CEIP Ana Mª Diéguez, CEIP A.D.R. Castelao, IES Félix Muriel e Biblioteca Pública Municipal
- Cambre (A Coruña): IES Afonso X O Sabio, IES David Buján, CEIP Wenceslao Fdez. Flórez, CEIP Emilio Glez. López, CEIP Torrente Ballester, CEIP O Graxal, CEIP Portofaro e Bibliotecas Públicos Municipais.
20/12/10
As Bibliotecas Escolares galegas recomendan....
19/12/10
"Ler e escoitar", a lectura en voz alta con emoción
9/12/10
"Libros no lixo"
Xa deu a volta ao mundo esta fermosa historia, grazas a Elvira Lindo que nola contou tan ben hai uns días no xornal El País.... pero non quixemos deixala pasar, porque é unha historia de esperanza. Sucedeu en Bogotá, Colombia.4/12/10
I concurso de lectura en voz alta, "Ler e escoitar"
Importante acollida nos centros educativos galegos desta nova iniciativa de estímulo á lectura, encadrada no programa HORA DE LER, para o fomento da lectura en contexto escolar, da Consellería de Educación. Un total de 123 centros presentaron aos seus alumnos e alumnas á fase autonómica do concurso, a maioría deles na dúas modalidades previstas, individual e de grupo. Emocionante ver a tantos nenos e nenas preparando os seus textos, botando a voar tanta palabra fermosa polos ceos galegos. Xa se fixo pública a listaxe de lectoras e lectores finalistas que participarán nun acto de exaltación da lectura en voz alta, o vindeiro 16 de decembro, onde se decidirán os premios deste concurso. Parabéns a todas as lectoras, a todos os lectores que participaron nesta convocatoria dentro dos seus centros. 28/10/10
Variacións sobre a lectura
Baixo este lema, "Variacións sobre a lectura", celebraranse en Santiago de Compostela, os días 29 e 30 de outubro, os III ENCONTROS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA. +información e páxina de seguemento. 4/10/10
Os dereitos do lector, e da lectora
Na biblioteca escolar do CEIP de Vilarmide (Muxía, A Coruña), encargáronlle aos Bolechas que lle lembrasen ás nenas e aos nenos da escolar os "dereitos do lector" que hai tempo fixera público Daniel Pennac no seu libro "Como unha novela", tan querido para as persoas mediadoras nesto da lectura. E os Bolechas están felices alí, ben se lles nota...22/9/10
I Concurso de Lectura en voz alta: LER E ESCOITAR
A Consellería de Educación convoca o I Concurso de Lectura en voz alta, LER E ESCOITAR, dirixido a rapaces e rapazas de 3º Ciclo de Primaria e 1º Ciclo da ESO. Máis información, na páxina de Bibliotecas Escolares de Galicia.20/9/10
Apadriñamentos lectores
O pasado curso 2009/2010 irrumpiu con forza nos centros da Rede de bibliotecas escolares galegas unha actividade que se viña facendo xa de forma moi puntual nalgunha biblioteca. Os bos resultados obtidos levan aos centros a programar actividades semellantes para o presente curso. Son os "apadriñamentos lectores". Un mínimo de 17 centros (en Cervo, Malpica, Pontedeume ou Lugo; de Celanova a Fene, de Aguiño a Moaña, de Vigo a Pontecarreira, de Salvaterra de Miño a Pobra de Brollón...), impulsaron o intercambio entre alumnado de distintas idades, dentro do propio centro ou entre o alumnado dos institutos e o dos centros próximos. A fórmula básica consiste en que un rapaz ou unha rapaza acompaña na lectura a outro ou outra de menor idade, léndolle, contándolle ou xestionando a lectura conxunta dun libro, nun tempo e nun lugar específico organizado pola biblioteca: no patio, na aula, na biblioteca; no recreo, nunha festa especial polo día do Libro ou nun tempo marcado no horario semanal. Tamén poden os pequenos lectores lerlles aos grandes, o que engadirá unha motivación extra ao feito da lectura. 9/9/10
Lectura Lab, novo recurso
19/7/10
TRIPTICO DE RECOMENDACIÓNS a tres mans

12/7/10
Valoracións da "Hora de ler" nun IES
3/7/10
"Put books in your head" e baila...
Porque animar a ler, fomentar a lectura, se pode facer de moitas formas... pero sobre todo, con ganas, con entusiasmo, con sentido do humor e con alegría... Un bo exemplo que lle agradecemos a No solo libros, que o rastreou na Rede.
15/6/10
Conservatorios de Música e lectura
Cando se fala de bibliotecas nos centros de ensinanzas artísticas coma os conservatorios, ás veces cáese nun preconcepto limitado e antigo: ese lugar no que se gardan as partituras e (nun nivel avanzado), onde se poden facer audicións de materiais grabados. Pero hai bibliotecas de conservatorios de música en Galicia que están dándolle a volta a isto, e demostrando que poden ser outra cousa, que poden ser bibliotecas escolares especializadas, adaptando o modelo xeral de centro de recursos de lectura, información e aprendizaxe, ao seu contexto e resultaren útiles e eficaces. Velaquí dous exemplos ben elocuentes:- A biblioteca do CMUS de Lugo, con múltiples actividades destinadas a apoiar o tratamento dos contidos das diversas ensinanzas que se dan no centro, e tamén, a fomentar a lectura. Unha biblioteca que se autodefine como "lugar de aprendizaxe permanente, de información, opinión, entretemento e lecer. Un espazo de encontro de toda a comunidade educativa."
- A biblioteca do CMUS de Vigo, que alberga un club de lectura: EN CLAVE DE LETRAS, que define así a súa finalidade: "O club pretende promover e incentivar a lectura en xeral facendo que cada membro do grupo exprese a súa opinión nun ambiente de respecto e liberdade"
14/6/10
Hora de ler
Hora de ler é o lema do programa para o fomento da lectura en centros de ensino que a Consellería de Educación botara a andar a comezos de 2006, e que dá nome a este blogue. Pero é tamén o lema escollido por moitos centros de ensino de Galicia para referirse a ese tempo dedicado á lectura en aulas, que se vai extendendo por centros de infantil e primaria, pero tamén en institutos, onde o profesorado pon a imaxinación a andar para facer fronte a dificultades organizativas e outras resistencias. Velaquí dúas iniciativas que exemplifican o moito traballo que a prol da lectura se está a facer nos centros de ensino, nesta "hora de ler":
- UN MINUTO DE PUBLICIDADE E UNHA HORA DE LER, do IES Castro de Baronceli (Verín, Ourense), cun vídeo feito polo alumnado de Atención Educativa de 2ºde ESO-A.
- Avaliación da "Hora de ler" no IES Pino Manso (O Porriño, Pontevedra).
10/6/10
As bibliotecas escolares recomendan....
21/5/10
"Mesa de intercambio"
O Club de lectura "As Campaíñas", do CPI Aurelio M. Rey García, de Cuntis (Pontevedra) montaron no vestíbulo do centro unha "mesa de intercambio" de libros, revistas, películas, discos... O fermoso cartel que publicita esta actividade foi realizado polo alumnado de 1º de ESO baixo a dirección da profesora de Plástica, Hortensia. Trátase dunha actividade motivadora que axuda a que "rulen" os libros e os recursos culturais, e a crear ambientes lectores nos centros educativos. 10/5/10
Ler a Novoneyra
Bailan libres os poemas de Novoneyra sobre os muros en escolas e institutos de todo o País. As bibliotecas escolares galegas son espazos de imaxinación e Casas da Palabra que, nestes días, se enchen dos versos e das voces da xente nova. Velaquí un exemplo de toda a actividade lectora que, a partir da figura de Uxío Novoneyra, autor do Día das Letras Galegas 2010, se está a vivir nos centros educativos galegos. 4/5/10
Tratamento da información e competencia dixital
Os mozos non len poesía...
23/4/10
Día do Libro nas bibliotecas escolares galegas
Son moitas as experiencias de interese que se están a levar a cabo nas Bibliotecas Escolares de Galicia co gallo do Día do Libro. Non podemos referenciar todas, pero unha visita aos blogs destas bibliotecas (Primaria ou Secundaria) pode servir para coñecer a intensa actividade lectora que se leva a cabo nos centros. Hoxe chéganos noticia dunha delas que, pola súa emotividade e pola súa potencialidade, queremos destacar. As palabras de Bea, a responsable da Biblioteca do CEIP Fermín Bouza Brey, de Ponteareas (Pontevedra), son ben clarificadoras: 22/4/10
PREMIO DA AELG

Literatura Infanto-xuvenil (AELG-Gálix)
1. Ás de bolboreta, de Rosa Aneiros
2. Lúa do Senegal, de Agustín Fernández Paz
3. O Brindo de Ouro II. A táboa da Hospitalidade, de Xesús Manuel Marcos
4. Valados, de Agustín Fernández Paz
E ... resultou ganador
LÚA DO SENEGAL de Agustín Fernández Paz
De XornalGalicia.com tomamos o seguinte fragmento:
"(...) Lúa do Senegal, a primeira novela que Agustín Fernández Paz publica tras a obtención do Premio Nacional de Literatura Infantil, aborda o tema da emigración, ese drama que supón abandonar o propio país e marchar a outro para poder traballar e vivir con dignidade. E para falar do desarraigamento e do conflito emocional que supón ter que comezar desde cero nun lugar do que nada se coñece, Fernández Paz decidiu facelo a través dunha nena que conta en primeira persoa as dificultades que atopa e a súa loita por entender o que para ela é un novo mundo. Mais Khoedi é unha contadora de historias. Foi a súa avoa a persoa que lle aprendeu esa arte, ese gusto por inventar historias e contalas en voz alta.
Lúa do Senegal foi ilustrado por Marina Seoane quen conseguiu adentrarse na alma da prota-gonista, poñerlle rostro ao resto dos protagonistas e reflectir as paisaxes de dous mundos tan diferentes.(...)"
19/4/10
Día Mundial do Libro 2010 - I
Ilust. Miguelanxo Prado: "Biblioteca escolar, espazo de lecturas"29/3/10
2 de abril: Día Internacional do Libro Infantil

28/3/10
18/3/10
Poesía nas bibliotecas... que falta fai...
16/3/10
Madriñas e padriños de lectura
Chegan a un tempo noticias de diferentes centros nos que se botan a andar actividades de lectura compartida, ben interesantes. Os resultados??? Algúns vense no momento... outros veranse co tempo. Pero é xa unha experiencia de convivencia arredor dos libros cun compoñente afectivo importante que, como se sabe, é un dos requisitos para as actividades que vinculan aos lectores coa actividade da lectura. Algúns institutos que andan a organizar actividades deste tipo: IES de Sanxenxo, IES de Fene
1/3/10
Educando lectores... de manga
A biblioteca escolar do IES FONTEXERÍA, de Muros (A Coruña) manterá aberta, durante todo o mes de marzo, unha exposición sobre un tipo de cómic ben presente nas preferencias dos lectores xoves, o manga. Así nos explica a actividade prevista o responsable desta biblioteca:"O vindeiro xoves día 4 inauguramos unha exposición sobre o manga que estará aberta durante todo este mes. Este xoves dous rapaces coñecedores e lectores deste tipo de comic explicarannos os porqués da súa afición a este xénero, ademais de amosarnos parte do material que consumen. O resto dos días haberá sempre unha mesa na Biblioteca con exemplares de manga en diversos idiomas, incluíndo o primeiro manga publicado en galego. Ademais, expoñeranse 6 paneis con información introductoria ó manga, e durante os recreos as proxeccións temáticas ilustrarán estes mesmos contidos".
25/2/10
Mulleres e lectura na Historia da Arte
11/2/10
Hábitos de lectura 2009
A Federación de Gremios de Editores de España vén de publicar o Informe de hábitos de lectura y compra de libros en 2009, un barómetro que mide os hábitos da poboación maior de 14 anos en relación cos libros e a lectura. Desde hai tres anos, este barómetro presta tamén atención á lectura entre a poboación máis nova, entre 10 e 13 anos. Cómprenos unha lectura detallada deste informe se queremos traballar por obxectivos, sabendo de onde partimos e qué aspectos deberíamos ter en conta como mediadores na formación dos novos lectores e lectoras. Algúns datos para a reflexión: - Os lectores frecuentes, entre a poboación maior de 14 anos son o 41,3% (len todos ou case todos os días, ou unha ou dúas veces por semana).
- Os lectores frecuentes, entre 10 e 13 anos, son o 77,1%
- O 55% da poboación maior de 14 anos declárase lectora (lectores frecuentes + lectores ocasionais, que len un libro ao mes ou ao trimestre)
- Entre os rapaces e rapazas de 10/13 anos, a porcentaxe de lectores, sumando frecuentes e ocasionais, sube ao 91,2%
- O 78,4% dos nenos lectores asegura que seus pais lles len na casa, e o 88% que lles mercaron ou agasallaron con libros no último ano.
- O 97,2% dos nenos lectores afirmar que os seus profesores os animan a ler, e o 93,2% asegura que nos seus colexios se realizan actividades arredor da lectura e o libro, participando nelas o 94,1%.
- Galicia sube 2,3 puntos con respecto ao ano 2008, na porcentaxe de poboación lectora (+ 14 anos), quedando no 54,9%, sendo o 39, 9% os lectores frecuentes.
- En Galicia, o 45,1% dos maiores de 14 anos non le.
- A lectura en galego representa o 0,5% do total. En Galicia, o 7,4% dos lectores le en galego de forma cotiá.
Novamente, chama a atención tamén, e debera levarnos á reflexión sobre as nosas prácticas de selección e visibilización de segundo qué libros, a relación de libros máis lidos, entre a poboación infantil e entre a poboación adulta. ¿Para esta viaxe, tantas alforxas????
19/1/10
2010, Ano do Libro e da Lectura en Galicia
Iníciase un ano especial para o mundo da lectura, para axentes, mediadores e lectores: o Ano do Libro e a Lectura en Galicia, proclamado así pola Xunta de Galicia. Clubs de Lectura 2009/2010
Onte publicábase no Portal Educativo da Consellería de Educación a Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se adxudican axudas para o funcionamento de clubs de lectura en centros públicos de ensino secundario de Galicia, para o curso 2009/2010. Son, en total, 177 os clubs de lectura que reciben apoio a través desta iniciativa, encadrada no programa HORA DE LER, para o fomento da lectura en centros de ensino, o que representa un total do 48% do conxunto dos centros públicos de ESO, bacharelato, formación profesional e ensinanzas de réxime especial, de Galicia.