21/12/11
Punto de lectura para nais e pais
12/12/11
Unha oportunidade para a formación dos lectores e das lectoras
A presenza dunha feira do libro no entorno próximo ao centro educativo pode facilitar actividades de gran interese na mediación cos novos lectores .Nos primeiros días de decembro, a cidade de Pontevedra acolleu a Feira das Industrias Culturais de Galicia, CULTURGAL, e o profesorado responsable da biblioteca do IES Sánchez Cantón, desta cidade, aproveitou para realizar unha experiencia de formación de lectores visitando a feira e participando en varias actividades, ao tempo que se entrevistaban con libreiros alí presentes. O alumnado participante foron os membros do club de lectura TINTA VIVA, que levaban un tempo preparando esta iniciativa.
No seu blogue podemos coñecer a experiencia de forma máis detallada.
10 decembro: Día dos Dereitos Humanos


7/12/11
Lecturas compatidas no CEIP de Andrade

A implicación das familias é imprescindible, pero tamén hai que facilitala, vehiculizala, favorecela... creando espazos e tempos que a fagan posible.
2/11/11
Bibliotecas Escolares en Tránsito. Congreso en Compostela
Congreso Bibliotecas Escolares en Tránsito. Santiago de Compostela 10, 11 e 12 de noviembre.Organizan: Ministerio de Educación e Consellería de Educación da Xunta de Galicia. Nunha actividade asociada ao congreso, os Encontros Biblitoecas Escolares en Tránsito, para posibilitar a participación de profesorado galego da Rede de Bibliotecas Escolares de Galicia. En total, 500 asistentes que poñerán en común inquedanzas e reflexións en relación coa biblioteca escolar que está a definir as súas funcións e o papel que ten que xogar na escola do Século XXI.
Programa
10/10/11
Boa campaña publicitaria a favor da lectura
Atopado en Biblioaponte, blogue da biblioteca escolar do IES de Ponteceso, e procedente de Litteratum.com
28/9/11
Cartaz de Bibliotecas Escolares de Galicia 2011-2012
Emma Ríos, ilustradora galega do mundo da banda deseñada, interpreta o lema escollido para este curso 2011/2012: Biblioteca escolar, última xeración. Este cartaz chegará aos centros nos primeiros días de outubro, co fin de difundir a biblioteca escolar entre os distintos sectores da comunidade educativa.
+ información sobre Emma Ríos en Banda Deseñada, o portal do Consello da Cultura Galega dedicado ao cómic galego e aos seus autores.
2/9/11
22/7/11
"Ler e escoitar", visto desde un centro.
O equipo de biblioteca tivo dúbidas antes de participar sobre se o concursos era unha boa estratexia para motivar a lectura en voz alta; cremos que si; o noso alumnado demostróunolo, pero preferimos para o noos centro a realización de actividades non competitivas onde o importante sexa superarse a un/unha mesmo/a pero sen comaprarse cos demais e onde os mellores resultados sexan froito da cooperación entre todos e todas.”
12/7/11
Premio Sunshine Award 2011
Este espazo web recibiu con satisfacción, hai uns días, a sorpresa de ser agasallado con este luminoso recoñecemento, por parte do blog Caderno da crítica, a quen llo agradecemos. Cumprindo co ritual deste tipo de "premios", propoñemos outros 12 blogs que, coma este, serven para difundir o libro e a lectura, desde a óptica da escola. Blogs que mantén un profesorado comprometido coa educación dos máis novos, e coa sociedade, con profesionalidade e moito tempo persoal dedicado á formación de persoas lectoras. Entre a marea de espazos web das bibliotecas escolares galegas, velaquí unha ducia de soños e de pequenas utopías:Biblioteca. Milladoiro. Malpica. CEIP Milladoiro (Malpica, A Coruña)
Pasapáxina. CEIP José Cornide Saavedra (A Coruña)
O lar de frianciño. CEIP Frián-Teis (Vigo, Pontevedra)
Raioteca. CEIP de Andrade (Pontedeume, A Coruña)
O Recanto de Leo. CEIP A Lama (A Lama, Pontevedra)
Bibliomanía. IES de Sanxenxo (Sanxenxo, Pontevedra)
O Segrel do Penedo. IES de Fene (Fene, A Coruña)
Biblioiris. IES Luís Seoane (Pontevedra)
Biblioteca do CMUS de Lugo (Lugo)
Club de lectura O Balbordo (IES Río Cabe, Monforte, Lugo)
Nós tamén navegar. Club de lectura (IES Lagoa de Antela, Xinzo de Limia, Ourense)
Biblos Vivos. Club de Lectura (IES Pedras Rubias. Salceda de Caselas, Pontevedra)
7/7/11
Competencia lingüística e número de libros na casa
Unha vez máis confírmase a relación entre o número de libros existentes no domicilio familiar e os resultados nas probas de comunicación lingüística. Desta vez, o gráfico corresponde ao estudo da "Evaluación General de Diagnóstico 2010, Educación Secundaria Obligatoria, 2º curso). Ver o informe completo: INFORME EGD 2010-ESO23/6/11
Un verán de libros... e de música, e de cine...
As bibliotecas escolares galegas están a piques de botar o peche por este curso (aínda quedan labores que facer... ) pero antes, continuando coa súa función de orientación e formación da competencia lectora, tiveron tempo para seleccionar lecturas para o verán: lecturas para as lectoras e os lectores de todas as idades, combinando o novo co clásico, recuperando textos imprescindibles, avanzando novidades que prometen... velaquí as recomendacións de libros, películas, discos e actividades que nos propoñen: UN VERÁN DE LIBROS 12/6/11
IV Xornada dos Clubs de lectura. Materiais
Neste enlace pode accederse aos materiais e, nos vindeiros días, aos vídeos das diversas sesións.
+ información no blogue LER EN MANCOMÚN
27/5/11
Hora de ler.... e de escribir.

No IES Vilalonga (Sanxenxo, Pontevedra), froito da colaboración entre a Biblioteca Escolar e mais o ENDL, realizouse un ano máis o certame literario, nesta ocasión baixo o lema ABRIL DOS LIBROS E MAIO DAS LETRAS, unha convocatoria que inclúe a creación literaria pero tamén os traballos de investigación. Aumenta paulatinamente o número de alumnas e alumnos participantes, chegando este ano aos 280. + información no blogue: A beira das palabras 18/5/11
IV Xornada dos Clubs de Lectura dos centros de ensino secundario de Galicia
Un ano máis, reunirase en Santiago de Compostela o profesorado que coordina os clubs de lectura en centros de ensino secundario de Galicia, no que será a IV Xornada dos Clubs de Lectura, e no que participarán desta vez, 200 profesores e profesoras de toda Galicia. Esta xornada servirá para mellorar a formación e intercambiar experiencias, propostas e iniciativas de colaboración dun profesorado comprometido coa educación e coa formación do seu alumnado como lectores e como cidadáns. Artigo relacionado.
12/5/11
Unha fórmula flexible para facer lectoras e lectores
6/5/11
Compartir lecturas cos pequenos ten "miolo"
Compartindo Libros (I, II e III)
Nós queremos salientar un anaco da propia valoración que fan desde a biblioteca escolar, porque nos parece moi esclarecedora: a participación neste tipo de actividades, aínda que son gratas, non son un xogo, e conteñen unha grande potencialidade de aprendizaxe de todo tipo de competencias (lingüísticas, e outras):
"Cremos que o resultado da experiencia foi moi positivo para todos. Cada grupo tivo primeiro que organizarse, repartirse os textos, papeis, acordar momentos para ensaiar, realizar unha lectura en alto en grupo intentando transmitir a emoción ou chiste ou pena, do conto, vencer a vergoña e se enfrontar á unha lectura cun público esixente … volver ós colexios onde estudaron a primaria e ler moitas veces diante dos seu antigos mestres, dos seus veciños, etc. En fin quedamos bastante satisfeitos da experiencia e dispostos a repetir."
5/5/11
Libros con ciencia

Ver toda a información no blogue da biblioteca: Librolandia.be
3/5/11
Unha marea que se estende... + madriñas e padriños lectores
Seguen chegando noticia de bibliotecas escolares galegas que botan a andar (ou repiten) esta iniciativa, e que aseguran resultados excelentes. Velaquí máis exemplos:- CEIP de Cervo (Cervo, Lugo). Día do Libro: madriñas e padriños.
- CEP Xosé Mª Brea Segade (Taragoña-Rianxo, A Coruña). Celebración do Día do Libro Infantil (Interesantes os comentarios das nenas e dos nenos)
- CEIP de Leirado (Salvaterra do Miño, Pontevedra): Lectura compartida
- IES de Sanxenxo (Sanxenxo, Pontevedra): Apadriña a un lect@r (Neste caso as mozas e mozos do IES foronlle ler ás nenas e nenos dos colexios de Portonovo, A Florida e Magaláns)
2/5/11
+ lecturas compartidas....
Que ben se le na herba!!! Velaquí outro exemplo de apadriñamento lector/amadriñamento lector, desta vez no CEIP Frián-Teis (Vigo, Pontevedra), tamén co gallo do Día do Libro.+ información no blogue da biblioteca do centro: O lar de Frianciño.
Tamén nos chega noticia do CEIP O Ramo (Fene, A Coruña), do ben que o pasaron as nenas e os nenos do colexio, nunha actividade máis de amadriñamento/apadriñamento lector.
E como non hai dous sen tres, velaquí as fermosas imaxes da actividade Eu leo para ti, celebrada no CEIP Milladoiro (Malpica, A Coruña).
Outra forma de celebrar o Día do Libro
No CEIP Eduardo Pondal (Vigo, Pontevedra) celebraron o Día do Libro cunha práctica de lectura xa bastante estendida nas bibliotecas escolares galegas: a lectura de contos por parte do alumnado maior aos máis pequenos do cole. Un exemplo de convivencia coa lectura como mediadora... un exemplo de fomento da lectura, como práctica socializadora. Parabéns a toda a comunidade educativa que fai esto posible!
29/4/11
Lecturas en abril en centros de ensino galegos.
Lectura continuada de poesía, para facer vivir a Palabra, un 14 de abril, no IES Ribeira do Louro (O Porriño, Pontevedra).
Pola súa parte, os nenos e nenas do CPI Manuel Suárez Marquier (O Rosal, Pontevedra) marcharon con Ulises rumbo a Ítaca, nunha lectura continuada da Odisea para celebrar o Día do Libro. Velaquí a súa crónica desta viaxe: "Chegamos a Ítaca"13/4/11
O lugar da lectura: Día Mundial do Libro
Achégase paseniño o 23 de abril, Día Mundial do Libro e dos dereitos de Autor, en declaración da UNESCO. As bibliotecas escolares galegas celébrano reivindicando os espazos para a lectura, condición imprescindible para facilitar esta actividade, que precisa sosego, tempo, calma, libros e lectores activos. "O lugar da lectura" é tamén un fermoso texto que o poeta Carlos Negro escribiu para as Bibliotecas Escolares de Galicia. Con este texto, e imaxes da Asesoría de Bibliotecas, vén de editarse un marcapáxinas especial co fin de celebrar este Día Mundial do Libro.
MARCAPÁXINAS
4/4/11
Memoria dun neno labrego
Abril, mes dos libros
O mes de abril é un fervedoiro de actividade nas bibliotecas escolares galegas. A modo de exemplo, esta PROGRAMACIÓN PARA O MES DE ABRIL, do CEIP Quintela (Moaña, Pontevedra), onde o libro e a lectura son os auténticos protagonistas... 31/3/11
2 de abril, Día do Libro Infantil e Xuvenil

15/3/11
Lipdub sobre a biblioteca escolar e a CDU no IES Fontem Albei
O Equipo de Biblioteca do IES Fontem Albei (A Fonsagrada, Lugo) vén de subir á Rede este magnífico lipdub no que participa toda a comunidade educativa, e que xorde como iniciativa gozosa de formación de usuarios da biblioteca. Como din os seus responsables, nada está posto ao azar.
15/2/11
Profesorado e lectura
No blogue da Biblioteca do IES Pedro Floriani, de Redondela (Pontevedra) podemos ver como un centro educativo aproveita e enriquece esta iniciativa, con propostas dos diferentes departamentes, desde a súa convicción de que "toda profesora, todo profesor é profesor/a de lectura". A información sobre a actividade no centro, por mor da presenza da "maleta de lectura" é de gran interese.
10/2/11
"Ler e escoitar", en banda deseñada
Velaquí a visión de Lucía Martínez, alumna do IES Sánchez Cantón (Pontevedra), sobre o proceso de participación no concurso de Lectura en voz alta, LER E ESCOITAR, no que varias compañeiras súas chegaron á fase final e mesmo unha delas, Clara, acadou o segundo premio na modalidade individual da súa categoría. Lucía emprega unha ferramenta dixital para a creación de banda deseñada, que están aprendendo a utilizar no seu centro, bitstripsforschools e que ao parecer, dá moi bos resultados. 24/1/11
20/1/11
Ler matemáticas
As bibliotecas escolares apoian ao profesorado de todas as áreas de aprendizaxe no seu labor de formar lectores competentes. Tamén cómpre aprender a ler e a escribir en matemáticas. Un bo exemplo é este da biblioteca do IES Alexandre Bóveda (Vigo, Pontevedra) que convoca, xunto co Departamento de Matemáticas e no contexto do Plan Anual de Lectura, o II Concurso Matemático, un certame de resolucións de problemas matemáticos de enunciados "longos", que cómpre ler con estratexia e atención. Xúntase este ano unha nova iniciativa: un concurso de relato matemático. Toda a información no blog da Biblioteca IES Alexandre Bóveda. 