Reproducimos a felicitación do Nadal remitida pola biblioteca do IES de Poio para esta entrada dedicada ás recomendacións de lectura elaboradas desde as bibliotecas escolares galegas. Máis dun cento de "guías de lectura", cada unha delas froito da experiencia, da dedicación, do esforzo e do bo facer e entender do profesorado que constitúe os equipos de biblioteca dos diferentes centros e que, exercendo a súa función de orientación e de mediación, as ofrecen á comunidade escolar correspondente mentres, a través da rede, as comparten con todos nós. Pódense ver AQUÍ
No hay comentarios:
Publicar un comentario