Hai suficientes libros de ciencia en galego, libros informativos de ciencia en galego, para poñer nas mans de nenas e nenos, de mozos e mozas??? Non resulta doado, pero case todo o que hai está aquí recollido, neste taboleiro de Pinterest creado pola Asesoría de bibliotecas escolares (Consellería de Educación- Xunta de Galicia) co gallo do Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas - 2014. Tras cada un dos títulos reseñados hai unha referencia a outros títulos da colección, así como a editorial que os publica.
Os centros educativos seguen a demandar da industria editorial materiais en lingua galega para traballar en todas as áreas de coñecemento, para poder ofrecer unha colección equilibrada en contido, integradora, normalizada e que responda ás necesidades dos usuarios.
No hay comentarios:
Publicar un comentario