Guía de lectura do IES A Pontepedrinha (Santiago de Compostela)
Van chegando aos poucos as guías de lectura que as bibliotecas escolares galegas recomendan aos integrantes das súas comunidades educativas para este período vacacional do Nadal 2014. Recollemos aquí unha presadiña de recomendacións elaboradas por bibliotecas de centros de ensino secundario. O preconcepto asentado nos medios de comunicación acríticos que falan continuamente de que "as mozas e os mozos non len" perde pé cando se coñece de preto a realidade dos institutos de ensino secundario de Galicia onde as bibliotecas están activas e manteñen unha programación anual de calidade, na que destaca habitualmente a presenza de grupos de lectura de distintos niveis e intereses integrados no "clubs de lectura" do centro. Botar unha ollada a estas guías de lectura, a estas recomendacións, dá unha idea do que pasa nas bibliotecas dos centros a moitos niveis (coidado nas seleccións, dignidade dos materiais que se elaboran para poñer na man dos rapaces...), tamén no referente aos estímulos pola lectura en galego, esa asignatura pendente.
- IES A Pontepedriña(Santiago de Compostela, A Coruña): Agasalla libros polo Nadal
- IES Blanco Amor (Ourense): Suxestións de lecturas para o Nadal
- IES Fernando Esquío (Neda, A Coruña): Boletín da biblioteca. Inverno 2014 -- Especial Nadal 2014
- IES Marco de Camballón (Vila de Cruces, Pontevedra): Lecturas para o Nadal (e árbore matemática!)
- IES Marqués de Sargadelos (Cervo, Lugo): Atrévete cos libros
- IES Monelos (A Coruña): Lecturas para o Nadal
- IES Monte das Moas (A Coruña): Recomendacións da Biblioteca para o Nadal 2014
- IES de Monterroso (Monterroso, Lugo): Ler no Nadal 2014
- IES Pazo da Mercé (As Neves, Pontevedra): Libros, cine e pasatempos para o Nadal
- IES de Poio (Poio, Pontevedra): Recomendacións de Nadal 2014
- IES Rafael Dieste (A Coruña): Guía de lecturas para o Nadal.
- IES Ribeira do Louro (O Porriño, Pontevedra): 2015, un ano cheo de libros
- IES San Paio (Tui, Pontevedra): Biblioxornal Extra Nadal
- IES Terra de Soneira (Vimianzo, A Coruña): No Nadal agasalla aos que queres con libro galego (en colaboración co Equipo de Normalización Lingüística)
- IES Universidad Laboral (Arteixo, A Coruña): Novidades e recomendacións de Nadal 2014
No hay comentarios:
Publicar un comentario