21/12/09
Lecturas para o inverno
15/12/09
PREMIO LAZARILLO PARA A LITERATURA GALEGA

Este galardón que é o máis antigo na literatura española para a infancia e que acostuma nomearse como o Cervantes dos libros destinados aos pequenos, é convocado pola OEPLI (Organización Española para el Libro Infantil), e ven amosar o bo estado da nosa literatura que aínda o pasado ano conseguiu o Nacional co libro O único que queda é o amor de Agustín Fernández Paz. Unha literatura, a nosa, “normalizada” e que normaliza a cultura do país.
Antes que Calveiro recibiron este premio An Alfaya no 2005, Xosé Antonio Neira Cruz no 2004, Ana Mª Fernández no 2001, Gloria Sánchez no 2000, Marilar Aleixandre no 1999, Agustín Fernández Paz en 1990, e tanto Concha Blanco como Antón Cortizas contan con accésits. Debemos ter en conta que se trata dun premio ao que se accede desde os idiomas propios de cada unha das comunidades lingüísticas.
O escritor galego é autor de libros para adultos como Festina lente e das obras de literatura infantil e xuvenil como a marabillosa Rinocerontes e quimeras; Sari, soñador de mares; dos premios Barco de Vapor con O canto dos peixes ou o Ala Delta por O carteiro de Bagdad.
3/12/09
Libros dixitais, ¿onde atopalos?
O Portal cultural Dosdoce e o seu blogue, Comunicación Cultural, son fonte imprescindible de información sobre cultura dixital... sobre cultura e lectura. Unha das súas últimas achegas en relación cos libros dixitais é esta relación de sitios web nos que poder descargar gratuitamente libros electrónicos, eses e-books que están chamando á porta de forma poderosa... Agradecemos unha vez máis a Javier Celaya , e a todo o seu equipo, estes recursos que son tan importantes para os mediadores no ámbito da lectura. 1/12/09
Lectoras e lectores nos centros galegos
23/11/09
José María Merino, X Premio xornalístico de lectura da FGSR
 Recentemente, a Fundación Germán Sánchez Ruipérez facía publico o ganador do X Premio xornalístico de lectura que correspondeu nesta ocasión ao escritor José Mará Merino, polo seu artigo "El territorio de lo que somos", publicado no diario ABC en decembro de 2008. "Muchos creen, todavía en la falacia aristotélica, que sólo en la Historia está el archivo seguro de nuestras circunstancias, pero el más certero registro de lo que caracteriza a la especie humana, donde verdaderamente se encuentra la historia de nuestro corazón a lo largo de los milenios, es en la literatura, constituida desde la capacidad simbólica que nos identifica. Leer nos da acceso al gran espacio de la imaginación reveladora: el país de lo que somos, el territorio de lo que sentimos."
20/11/09
De lectura e de lectores
16/11/09
Leer.es

O pasado 12 de novembro, o Ministro de Educación deu a coñecer o centro virtual sobre a lectura, Leer.es, un espazo para o encontro de mediadores e lectores.
Posteriormente tivo lugar en Madrid, durante os días 13, 14 e 15 denovembro, o congreso Leer.es destinado a técnicos e responsables de programas de fomento de lectura, proxectos e plans lectores, programas de bibliotecas escolares, asesores e formadores no ámbito da lectura procedentes das distintas comunidades autónomas. Puideron seguirse directamente as sesións a través do blog do congreso, onde nos vindeiros días (segundo os organizadores) estarán accesibles as distintas conferencias e paneis específicos. Falouse de comprensión lectora, de adquisición da competencia lectora e escritora, de acceso á información, de plans de lectura institucionais, de formación do profesorado para unha mellor educación lectora das novas xeracións, da lectura dixital, da avaliación, das bibliotecas escolares, da lectura que favorece a aprendizaxe, das necesidades do profesorado que traballa nestes ámbitos, das novas necesidades na formación das persoas lectoras... Redactáronse unhas conclusións que estarán tamén dispoñibles neste novo espazo.
28/10/09
Clubs de lectura en marcha
21/10/09
Bibliotecas escolares, con humor, un ano despois....
13/10/09
Familias, lectura e bibliotecas
Nestes inicios de curso, bo é retomar os materiais que a Consellería de Educación editara no ano 2006, dirixidos ás familias do alumnado de infantil, coa finalidade de poñer en valor o seu papel no proceso de formación das persoas lectoras, desde os inicios. Estes caderniños poden ser empregados nas primeiras reunións coas familias, para iniciar conversa e reflexión sobre a necesidade de crear na casa un ambiente favorecedor dos hábitos de lectura. Pódense ver e descargar aquí
9/10/09
Biblioteca escolar, espazo de lecturaS
Un ano máis, a Asesoría de bibliotecas escolares busca a compaña e a complicidade dos ilustradores galegos para poñer en valor a lectura. Nesta ocasión, e co gallo da celebración do Mes Internacional da Biblioteca Escolar, segundo a convocatoria da IASL (International Associatio of School Libraries), e o Día da Biblioteca (24 de outubro), estase a difundir o cartel realizado por Miguelanxo Prado. Biblioteca escolar, espazo de lecturaS, con S maiúsculo, por ser lecturas plurais e diversificadas, en soporte papel ou electrónico, de texto ou de imaxe, de ficción ou de información, en soidade ou en compañía, en silencio ou en alta voz... con finalidades diversas, con obxectivos comúns ou individuais, por obriga (porque hai obrigas e obrigas!!) e por motivación propia, polo pracer de ler ou porque nos cómpre, lectura liviá ou profunda, lectura entre liñas..... porque a formación dos lectores competentes vaise construíndo día a día en espazos abertos (e pechados, pero só no físico), en entornos saudables e con adultos conscientes e entregados á súa función de educadores e de mediadores.
2/10/09
"ESTE ENSINO PROMETE UN EXCELENTE FUTURO"
María Xosé Queizán
10/9/09
Xornadas de bibliotecas escolares de Galicia-2009

4/9/09
Bibliotecas escolares, necesarias en tempos de crise
30/7/09
Sobre a lectura
Coñecemos grazas a unha bibliotecaria escolar o traballo de Juan Berrio e este preciosísimo vídeo seu sobre a lectura, entre outras delicadezas. A disfrutar del!!!
13/7/09
"Literatura, ¿para qué?"
18/6/09
As bibliotecas escolares galegas recomendan.....
Xornada Clubs Lectura 2009. Mireia Manresa. 1ª Parte
Recuperamos polo seu interese (a pesar dos atrancos técnicos e o son deficiente) a 1ª sesión da Xornada de Clubs de lectura, celebrada en Santiago de Compostela, o pasado 5 de xuño. A profesora Mireia Manresa fala do necesario coñecemento dos hábitos de lectura dos e das adolescentes, para poder avanzar en estratexias útiles e eficaces na mediación e na formación de lectores.
15/6/09
De libros, mecanismos e modernidades..
Columna de análise de El Pais, El acento: El éxito del fracaso. 13/06/09
12/6/09
Oito doas para San Simón/1ª parte
Agradecemos a Brétemas a súa difusión
9/6/09
Leer juntos. Ballobar 3ª parte (15 min)
Da. Carmen Carramiñana
“Leer juntos”. Ballobar (Huesca)
Leer juntos. Ballobar 2ª parte (40 min)
Da. Carmen Carramiñana
“Leer juntos”. Ballobar (Huesca)
Leer juntos. Ballobar (18 min)
Da. Carmen Carramiñana
“Leer juntos”. Ballobar (Huesca)
Mesa de experiencias - 1ª parte (24 min)
Da. Gracia Santorum. (Trafegando Ronseis. IES Pintor Colmeiro. Lalín)
D. Jesús Ángel García Cortázar. (IES de Foz)
Da. Almudena Platero López de Turiso. (As catro esquinas. IES Ferro Couselo. Ourense)
4/6/09
Xornada dos clubs de lectura - 2009
 O venres 5 de xuño celébrase en Santiago de Compostela, nas instalacións da EGAP, a Xornada de clubs de lectura - 2009, na que participará profesorado que coordina os clubs de lectura que funcionan este curso en centros de ensino secundario, grazas ao compromiso e bo facer destes profesionais e do alumnado (e ás veces tamén de pais e nais e mesmo de persoal non docente) que os fai posible. 148 clubs de lectura recibiron axuda económica da Consellería de Educación para o seu funcioanamento, pero son máis os clubs de lectura que existen en Galicia. Entre todos, tecen unha rede de lectura por todo o páis. Unha realidade máis aló de números e de discursos ben intencionados. Unha auténtica "masa crítca" de lectoras e lectores. Velaí son. Velaí están. E, por riba, as persoas que os coordinan seguen a formarse... porque o fomento da lectura esixe entusiasmo e compromiso, pero sobre todo coñecemento, ao profesorado implicado.As sesións desta Xornada poderán seguirse vía internet a través desta páxina.
15/5/09
7/5/09
Xornada dos Clubs de Lectura - 2009
 Está previstas, para o 5 de xuño, a realización desta XORNADA DOS CLUBS DE LECTURA - 2009, unha actividade de formación do profesorado á que asistirán as coordinadoras e coordinadores dos clubs de lectura espallados por Galicia adiante, en 149 institutos de ensino secundario, bacharelato e formación profesional. Máis información no blogue Ler en man común. 4/5/09
27/4/09
Barómetro de hábitos de lectura - 1º trimestre 2009
A Federación de Gremios de Editores de España vén de publicar o Barómetro de Hábitos de Lectura y compra de Libros, correspondente ao primeiro trimestre deste ano 2009. Cómpre facer unha lectura detida deste documento, se se quere avanzar na mediación cos lectores e lectoras máis novos. Se ben é certo que se confirma o dato referido aos lectores entre 10 e 13 anos, tramo no que o 91,2% se consideran lectores (e dos que o 81% afirma ler libros diaria ou semanalmente), resulta moi inquietante revisar o listado de libros máis lidos. Acaso habería que incidir na calidade dos textos que se poñen a disposición destes lectores, pois trimestre tras trimestre a lectura destes listados resulta descorazonadora... tantos esforzos para esto???!!!! Non se pode dicir que o profesorado non propicie a lectura: o 96,8% dos nenos e nenas desta idade afirma que len porque os seus profesores os animan a ler. 22/4/09
Día do Libro 2009
- CEIP Quintela, de Moaña (Pontevedra)
 - CEIP de Pazos, de Ferrol (A Coruña)
 - IES As Mariñas, de Betanzos (A Coruña)
 - IES Sánchez Cantón, de Pontevedra
 - IES Alexandre Bóveda, de Vigo (Pontevedra)
 - IES Auga da Laxe, de Gondomar (Pontevedra)
 - IES Fernando Esquío, de Neda (A Coruña)
 - IES Fontexería, de Muros (A Coruña)
 - CEIP Mestres Goldar, de Vigo (Pontevedra)
 - CEIP Frian-Teis, de Vigo (Pontevedra)
 
Máis información, na páxina de Bibliotecas Escolares de Galicia
2/4/09
Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares

Os vindeiros 16/17 de abril celebraranse en Santiago os Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares, 2008/2009. Reuniranse responsables das bibliotecas integradas neste programa da Consellería de Educación co fin de intercambiar experiencias e materiais, e continuar a súa formación en ámbitos diversos como a literatura infantil e xuvenil, a integración das TIC nas prácticas lectoras e escritoras, ALFIN e competencia informacional, os proxectos documentais, ou as posibilidades do programa Meiga, máis aló da súa función como aplicación informática común para as bibliotecas públicas e escolares.
As bibliotecas escolares, espazos de aprendizaxe e de construción da sociedade lectora, aproveitan os recursos da Rede sen esquecer que os vínculos que se crean nos encontros presenciais, son fundamentais para seguir traballando, sabéndose parte dunha corrente máis ampla que empuxa, que empuxa... parte dunha "masa crítica", tamén, no ámbito educativo.
1/4/09
LIX a exame

16/2/09
O poder da persoa que le

5/2/09
Formación para mediadores na Rede

30/1/09
Conspiración pola PAZ
29/1/09
 Vén de facerse público este importante documento para todos os profesionais do ámbito da cultura e da educación: La lectura en España. Informe 2008, co subtítulo Leer para aprender. Coordina José Antonio Millán e edita a Federación de Gremios de Editores de España e a Fundación Germán Sánchez Ruipérez.Velaí unha publicación para avanzar na áutoformación, reflexionar sobre as novas lecturas e coñecer estatísticas que nos sitúan e nos achegan argumentos para unha actualización necesaria das nosas prácticas diarias en tanto que mediadores de lectura. Benvida!!
Pódese descargar en formato pdf. Os editores dispuxeron tamén dun espazo para intercambio de opinións e comentarios.
27/1/09
A prol da competencia informacional

 Rematado xa o II Seminario: Biblioteca, aprendizaje y ciudadanía. Prácticas y experiencias de alfabetización informacional, celebrado en Vilanova i la Geltrú os días 22 e 23 de xaneiro, podemos ler o seguinte apartado no documento de conclusións: 1. A complexidade e sobreabundancia de información, así como os perigos dun uso incompetente desta, xustifica a necesidade de desenvolver esta competencia nas etapas educativas.
2. A biblioteca escolar é imprescindible no desenvolvemento das competencias para a aprendizaxe polo que a ALFIN debe ser parte do proxecto educativo de cada centro escolar.
3. Cómpre facer evidente que a competencia informacional facilita, contribúe e axuda na consecución das competencias básicas e o conxunto dos contidos curriculares.
4. O profesorado debe favorecer escenarios e propiciar espazos de traballo colaborativo que conduzan á aprendizaxe da competencia informacional.
5. Os plans de fomento da lectura e o traballo baseado en proxectos de investigación poden ser escenarios para a sistematización e a corresponsabilidade no proceso de aprendizaxe da competencia informacional.
- CEIP San Martiño, de Pontevedra (webquest)
 
26/1/09
As "pedras do acordo"
 Hai uns meses, lendo memorias dos clubs de lectura en centros de ensino secundario do curso 2007/2008, atopamos esta exquisitez:"Con Pedra do Acordo lembramos ás pedras ao redor das que se xuntaban os labregos para decidir sobre cuestións comunais: o reparto de terras, de leña, regas... No monte Aloia hai unha. No instituto temos outra: a biblioteca, non ao seu redor, diriamos que máis ben nela estamos, entre outros, as/os amigas/os da lectura." Club de lectura Pedra do Acordo. IES San Paio.
Andan a xurdir "pedras do acordo" por Galicia adiante... benvidas sexan elas e o profesorado que as fai posibles e xunta arredor delas a mozos e mozas para falar de libros, de lectura, de historias, de cultura... mentres contribúe á formación dunha sociedade lectora.
21/1/09
Os clubs de lectura, a toda máquina
 